Aviso legal
En nome da empresa tratamos a información que nos facilita co fin de prestarlle o servizo solicitado. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Os datos non se cederán a terceiros agás nos casos nos que exista unha obriga legal. Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en Pérez Rumbao, S.A.U estamos tratando os seus datos persoais, por tanto ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando estes xa non sexan necesarios. Pode ter acceso a información adicional sobre como tratamos os seus datos na sección “Política de Protección de Datos”, nesta mesma páxina web.
AVISO LEGAL
Pérez Rumbao, S.A.U. (en diante “a empresa”), con domicilio en CN. 525, Km. 231, Zona Comercial Barreiros, CP. 32910 San Cibrao das Viñas, e con CIF NIF. A-32.006.512, inscrita no Rexistro Mercantil de Ourense, no Tomo 525, ao folio 146, folla número OR-2.078ª, inscrición 32ª. INFORMA:
A utilización do nome de dominio https://www.perezrumbao.es encóntrase debidamente rexistrada pola empresa, con todas as garantías, tal e como dispón a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico. Non obstante, ponse de manifesto a plena adecuación dos presentes Termos Legais á normativa vixente en materia de Protección de Datos, Comercio Electrónico, Condicións Contratación, Propiedade Intelectual e demais disposicións subsidiarias.
1.- ACEPTACIÓN DOS TERMOS LEGAIS
1.1.) O acceso a este sitio web ou a súa utilización en calquera forma implica a aceptación de todas e cada unha das presentes Termos Legais. A empresa resérvase o dereito a modificalos en calquera momento. En consecuencia, será responsabilidade de todo visitante e/ou Usuario a atenta lectura dos Termos Legais de uso vixente en cada unha das ocasións nas que acceda a este sitio web, polo que, se este non está de acordo con calquera dos mesmos aquí dispostos, deberá absterse respecto ao uso da presente páxina web.
2.- OBXECTO
2.1.) Por medio da web https://www.perezrumbao.es, facilítaselles aos Usuarios o acceso a diversos contidos, servizos, información e datos (os «contidos»), postos á súa disposición. A empresa resérvase o dereito de modificar en calquera momento a presentación, configuración e localización da páxina web, así como os contidos, produtos e servizos nel dispostos.
3.- CONDICIÓNS DE ACCESO
3.1.) O acceso á información dos distintos produtos e servizos existentes no sitio web, así como á súa navegación será libre e gratuíto e, por tanto, non se lles esixe aos Usuarios o pertinente rexistro coa consecuente entrega dos seus datos persoais, nin a utilización de claves ou contrasinais.
3.2.) Cando para o acceso a determinados contidos ou servizos sexa necesario facilitar datos de carácter persoal, os Usuarios garantirán a súa veracidade, exactitude, autenticidade e vixencia. A empresa dará aos devanditos datos o tratamento automatizado que corresponda en función da súa natureza ou finalidade, nos termos indicados na sección de Política de Protección de Datos.
4.- CONDICIÓNS DE UTILIZACIÓN
4.1.) O Usuario comprométese a facer un uso adecuado e lícito do sitio web así como dos contidos e servizos, de conformidade coa lexislación aplicable en cada momento, os Termos Legais do sitio web, a moral e bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública. O Usuario deberá absterse de:
- Facer un uso non autorizado ou fraudulento do sitio web e/ou dos contidos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos nos presentes Termos Legais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos servizos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático;
- Acceder ou intentar acceder a recursos ou áreas restrinxidas do sitio web, sen cumprir as condicións esixidas para dito acceso;
- Provocar danos nos sistemas físicos ou lóxicos do sitio web, dos seus provedores ou de terceiros;
- Introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar danos nos sistemas físicos ou lóxicos da empresa, dos seus provedores ou de terceiros;
- Intentar acceder, utilizar e/ou manipular os datos da empresa, terceiros provedores e outros Usuarios;
- Reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización expresa do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido;
- Suprimir, ocultar ou manipular as notas sobre dereitos de propiedade intelectual ou industrial e demais datos identificativos dos dereitos da empresa ou de terceiros incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismos de información que poidan inserirse nos contidos;
- Intentar obter datos persoais distintos aos que está autorizado a coñecer, empregando para iso medios ou procedementos ilícitos, fraudulentos ou que poidan causar calquera tipo de dano. (Véxase virus, cabalos de troia, bug´s, worms, etc). En particular, e a título meramente indicativo e non exhaustivo, o Usuario comprométese a non transmitir, difundir ou poñer a disposición de terceiros informacións, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera clase de material que:
- De calquera forma sexa contrario, menosprece ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, nos Tratados Internacionais e no resto da lexislación;
- Induza, incite ou promova actuacións delituosas, denigratorias, difamatorias, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral, aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
- Induza, incite ou promova actuacións, actitudes ou pensamentos discriminatorios por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición;
- Incorpore, poña a disposición ou permita acceder a produtos, elementos, mensaxes e/ou servizos delituosos, violentos, ofensivos, nocivos, degradantes ou, en xeral, contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
- Induza ou poida inducir a un estado inaceptable de ansiedade ou temor;
- Induza ou incite a involucrarse en prácticas perigosas, de risco ou nocivas para a saúde e o equilibrio psíquico;
- Se encontre protexido pola lexislación en materia de protección intelectual ou industrial pertencente á empresa ou a terceiros sen que fose autorizado o uso que se pretenda facer;
- Sexa contrario ao honor, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas;
- Constitúa calquera tipo de publicidade;
- Inclúa calquera tipo de virus ou programa que impida o normal funcionamento do sitio web.
5.- RESPONSABILIDADES
5.1.) A empresa non garante o acceso continuado, nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e informacións contidas nas páxinas da empresa, que poden verse impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias que están fóra do seu control.
5.2.) A empresa poderá interromper o servizo ou resolver de modo inmediato a relación co Usuario se detecta que un uso do seu Portal ou de calquera dos servizos ofertados no mesmo son contrarios aos presentes Termos Legais.
5.3.) A empresa pon a disposición dos Usuarios un enderezo de correo electrónico atencionalcliente@perezrumbao.com para que calquera contido que poida afectar á actividade doutros usuarios sexa posto de manifesto, coa vontade de rectificalo en caso de ser apropiado.
5.4.) A empresa non se fai responsable por danos, prexuízos, perdas, reclamacións ou gastos, producidos por:
- i. interferencias, interrupcións, fallos, omisións, avarías telefónicas, atrasos, bloqueos ou desconexións no funcionamento do sistema electrónico, motivadas por deficiencias, sobrecargas e erros nas liñas e redes de telecomunicacións, ou por calquera outra causa allea ao control da empresa;
- ii. intromisións ilexítimas mediante o uso de programas malignos de calquera tipo e a través de calquera medio de comunicación, tales como virus informáticos ou calquera outros;
- iii. abuso indebido ou inadecuado das páxinas web da empresa;
- iv. erros de seguridade ou navegación producidos por un mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas deste. Os administradores da empresa resérvanse o dereito de retirar, total ou parcialmente, calquera contido ou información presente na web.
5.5.) A empresa exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que puideren deberse á mala utilización dos servizos de libre disposición e uso por parte dos usuarios da Web. Así mesmo, a empresa queda exonerada de calquera responsabilidade polo contido e informacións que poidan ser recibidas como consecuencia dos formularios de recollida de datos. Estes serán recollidos unicamente para a prestación dos servizos descritos ofertados pola empresa; servizos tales como comercio en liña e solicitude de orzamentos. Por outro lado, en caso de causar danos e prexuízos por un uso ilícito ou incorrecto de ditos servizos.
6.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
6.1.) O Usuario recoñece e acepta que todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos, todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual sobre os contidos e/ou calquera outros elementos inseridos na páxina, son propiedade exclusiva da empresa e/ou de terceiros, e son estes os que teñen o dereito exclusivo de utilizalos no tráfico económico. En ningún caso o acceso á páxina Web implica ningún tipo de renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial dos devanditos dereitos, agás que se estableza expresamente o contrario. Os presentes Termos Legais da páxina Web non lles confiren aos Usuarios ningún outro dereito de utilización, alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública da páxina Web e/ou dos seus contidos distintos dos aquí expresamente previstos. Calquera outro uso ou explotación de calquera dereito estará suxeito á previa e expresa autorización especificamente outorgada para este efecto pola empresa ou o terceiro titular dos dereitos afectados.
6.2.) Os contidos, textos, fotografías, deseños, logotipos, imaxes, programas de ordenador, códigos fonte e, en xeral, calquera creación intelectual existente neste sitio, así como o propio sitio no seu conxunto, como obra artística multimedia, están protexidos como dereitos de autor pola lexislación en materia de propiedade intelectual. A empresa é titular dos elementos que integran o deseño gráfico da súa páxina web, os menús, botóns de navegación, o código HTML, os textos, imaxes, texturas, gráficos e calquera outro contido da páxina Web ou, en calquera caso, dispón da correspondente autorización para a utilización dos devanditos elementos. O contido disposto nesta web non poderá ser reproducido nin en todo nin en parte, nin transmitido, nin rexistrado por ningún sistema de recuperación de información, en ningunha forma nin en ningún medio, a menos que se conte coa autorización previa, por escrito, da citada Entidade.
6.3.) Así mesmo queda prohibido suprimir, eludir ou manipular o «copyright» e a empresa, así como os dispositivos técnicos de protección, ou calquera mecanismos de información que puidesen conter os contidos. O Usuario deste sitio Web comprométese a respectar os dereitos enunciados e a evitar calquera actuación que puidera prexudicalos e, en todo caso, a empresa resérvase o exercicio de cantos medios ou accións legais lle correspondan en defensa dos seus lexítimos dereitos de propiedade intelectual e industrial.
7.- PROTECCIÓN DE DATOS
1.) Para utilizar algúns dos Servizos, os Usuarios deben proporcionar previamente certos datos de carácter persoal. Para iso, a empresa tratará automatizadamente os Datos Persoais en cumprimento co Regulamento Xeral de Protección de Datos 2016/679 do 27 de abril de 2016. Para iso, o usuario pode acceder á política seguida no tratamento dos datos persoais (POLÍTICA PROTECCIÓN DE DATOS) así como ao establecemento das finalidades previamente establecidas, ao disposto nas condicións definidas na Política de Protección de Datos que presenta a Web.
8.- DURACIÓN E TERMINACIÓN
8.1.) A prestación do servizo do presente sitio Web e dos demais servizos teñen en principio unha duración indefinida. Non obstante, a empresa poderá dar por terminada ou suspender calquera dos servizos do portal. Cando sexa iso posible, a empresa anunciará a terminación ou suspensión da prestación do servizo determinado.
9.- FORZA MAIOR
9.1.) A empresa non será responsable en todo caso da imposibilidade de prestar servizo, se esta se debe a interrupcións prolongadas da subministración eléctrica, liñas de telecomunicacións, conflitos sociais, folgas, rebelión, explosións, inundacións, actos e omisións do Goberno, e en xeral todos os supostos de forza maior.
10.- LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
10.1.) Os presentes Termos Legais réxense pola Lei española. Na medida en que así o permita a lei, as partes con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, acordan someterse á xurisdición dos Xulgados e Tribunais onde recae a razón social da empresa.